Saltar ao contido

Mar Barcon no Faladoiro de CorreoTV

04/06/2010

Parte 1:

Parte 2:

A Coruña.- 3 anos de Goberno no Concello de A Coruña

28/05/2010

Socialistas de O Porriño.- O PSOE e comerciantes do mercadillo esixen a regulacion da venta ambulante

27/05/2010

O Grupo Municipal socialista, acompañado polo presidente da Asociación de Comerciantes Marroquis de Pontevedra, Mustapha Abdelaoiu, esixiron na maña de hoxe a urxente regulación da venda ambulante ante as situación de desgoberno do mercadillo

O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro compareceu hoxe en roda de prensa acompañado polo Presidente da Asociación de Comerciantes marroquís en Galicia, para valorar a situacion do mercadillo de venda ambulante do Porriño e para presentar a proposta de regulamento de venda ambulante que o PSOE presentara o vindeiro luns, no transcurso do pleno ordinario que celebrara a Corporación.

O Voceiro socialista afirmou que a situación do mercadillo e insostible pola falta de regulacion, e lembrou que o Decreto de venda ambulante da Xunta de Galicia, obriga os concellos a regular a venda ambulante. Vaqueiro fixo un repaso da situación do mercadillo dende que sendo concelleiro de comercio, impulsou un regulamento que foi aprobado inicialmente polo Pleno por unanimidade, no 2005, pero que foi incomprensiblemente rexeitado polos partidos políticos da Corporación na súa aprobación definitiva, sen que ningún partido a pesar das chamadas do PSOE apelando a importancia do asunto, quixese negociar o regulamento.

Vaqueiro afirmou que a proposta do PSOE se presentara por responsabilidade e cun obxectivo construtivo, regular a venda ambulante, aportando a súa proposta de regulamento como documento para negociar o novo regulamento. “Queremos licencias persoais e intransferibles outorgadas dentro da lei e no réxime autónomo que marca a Xunta, e non a dedo”

Dende o PSOE, afirmaron que esixen a Nelson Santos, o igual que fixeron co anterior goberno, que non permitan e toleren as situacións de desigualdade e inxustizas que se están a dar no mercadillo e asuma a sua responsabilidade, pois se trata dunha competencia municipal. Vaqueiro foi taxante: ” Santos debe regular o mercadillo ou explicar por que non quere facelo, senón será cómplice desta situación única en Galicia”.

O PSOE afirmou que entregara copia da sua proposta de regulamento a Asociación de Comerciantes do Porriño para recabar a súa opinión. Vaqueiro rematou a súa intervención apelando a responsabilidade da Corporación para evitar que sigan producíndose situacións de marxinación e inxustizas. “O concello esta para garantizar a igualdade e a legalidade, non para facerse o sueco e mirar para outro lado”.

Pola súa parte, Mustapha Abdelaoui foi moi duro co Concello afirmando que leva dende o ano 1988 no mercadillo e que na actualidade, xa non pode vender no mesmo porque foron marxinados, a pesar de ter todo en regla, ser autónomos e ter antigüidade. Mustapha afirmou que leva meses intentando falar co novo concelleiro de comercio sen recibir resposta. “Se o concelleiro non manda, se o alcalde non manda no mercadillo, quen mada aqui e por que permite isto”, afirmou o Abdelaoiu.

A roda de prensa, a que ademais asistiron moitos comerciantes do mercadillo, foi testigo polas intervencións de varios comerciantes, do desbaraxuste existente no mercadillo, e da necesidade de regulalo de xeito urxente. “Levamos catro meses sen poder vender no Porriño, afirmaba Fátima, outra vendedora. Catro meses nos que veño dende Pontevedra a falar co concelleiro e non me reciben. ¿Quen manda no mercadillo? Eu teño todo en regla.

Entrevista ao Alcalde de Compostela, Xose Sanchez Bugallo

26/05/2010

Fonte: CorreoTV

O PSdeG denuncia que Feijoo usa os fondos públicos para beneficiar a concellos do PP

26/05/2010

A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo Mar Barcon, interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para defender unha Proposición sobre o desenvolvemento do Plan Hurbe, destinado a humanización, urbanización e equipamento de espazos públicos nos concellos galegos, cunha dotación orzamentaria de 96 millóns de euros, en 53 actuacións e mais de 40 concellos.

Barcon aludiu na súa intervención as palabras do Presidente Feijoo cando se presentou este proxecto. “O Plan Hurbe será un programa de calidade de vida que procurará vilas accesibles e habitables para que os cidadáns vivan o seu Concello”. A deputada replicoulle que este proxecto non é a solución para atallar a crise nos Concellos galegos.

A portavoz socialista pregúntalle ao Goberno de Feijoo que criterios ían seguirse para o reparto de fondos entre os Concellos?. Ningún coñecido. Ou que concellos eran eses “máis de 40” que se verían beneficiados polo Plan?. Tampouco  se sabe. En qué criterios se sustenta o reparto dos 96 M€ segundo a liña de actuacións (equipamentos, urbanización, humanizacións..)?, polo de agora a deputada socialista denuncia que estes datos son descoñecidos. Tampouco se sabe cómo poden acceder os Concellos a estes fondos?.

Mar Barcon asegura que o Plan Hurbe é  un paso máis nunha liña que o Goberno de Feijoo mantén dende a súa chegada; unha liña dirixida a  utilizar os fondos públicos para beneficiar ós Concellos gobernados polo Partido Popular. E insiste nas súas criticas o Goberno de Feijoo e denuncia que “utilizan os fondos públicos para, dun xeito absolutamente arbitrario, decidir qué galegos e galegas merecen contar có respaldo dun Goberno que tiña que mirar por eles, en vez de realizar un mal e partidario uso dos cartos públicos e contentarse con criticar ó Goberno de España”.

A portavoz socialista dixo que Feijoo utiliza os orzamentos públicos para castigar aós Concellos gobernados pro outras forzas políticas, e tentar facelo ás agochadas, sen dar a cara, e sen explicalo.

Neste punto Mar Barcon asegurou que este Goberno nin ten intención de “reequilibrar territorialmente”, nin de favorecer o desenrolo das “urbes” nin de facer prazas nin de garantir equipamentos. Di que Feijoo está xogando a favorecer a campaña electoral dos seus alcaldes utilizando a opacidade e a maior das arbitrariedades para poñer en marcha programas decididos a dedo, pactados con ninguén e cun único obxectivo: bloquear o desenvolvemento desa obras daqueles municipios que non están gobernados polo PP.

Na súa intervención a deputada reclamou do Goberno de Feijoo medidas e iniciativas fronte a crise. Explicou que “o tecido económico de Galicia precisa medidas para protexer ás empresas galegas, para que os máis de 233 mil galegos e galegas en paro poidan ter unha oportunidade de traballo e algo para que os veciños e veciñas poidan facer as obras e contar có respaldo do seu Goberno nas súas vilas máis aló do color político dos mesmos”, aseverou.

Por último replicou que o Goberno de Feijoo presentou un Plan Hurbe co único obxectivo de poñer un nome a obras que xa estaban en execución.

Socialistas de A Coruña.- O Alcalde presenta o Plan Inversor 2010

18/05/2010

Alcaldes socialistas reclaman a Feijóo un reparto “xusto e equitativo” dos fondos do Goberno galego

12/05/2010

Os alcaldes socialistas denunciaron hoxe a discriminación dos concellos gobernados polo PSdeG con respecto aos do PP por parte do Goberno galego. Unha representación de 80 alcaldes socialistas das catro provincias galegas acudiron esta mañá ao edificio administrativo da Xunta en San Caetano para presentar un escrito no que demandan unha entrevista co presidente da Xunta para abordar a súa situación e reclaman a Feijóo un reparto “xusto e equitativo dos orzamentos”.

O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, explicou en nome de todos os alcaldes  socialistas a situación de “asfixia” que sofren os concellos que cada día teñen “verdadeiros problemas” para prestar servizos aos seus cidadáns “que non podemos reducir, porque hai unha demanda social”.

Nesta liña, esixiron ao Goberno galego “que  cumpra co pacto local que deixou feito o anterior Executivo”, xa que o incumprimento do mesmo “está a repercutir no mantemento dos equipos educativos e de saúde, xa que os concellos non contan cos fondos necesarios para asumir este custo”.

Os alcaldes socialistas criticaron especialmente a falla de colaboración da Xunta respecto aos programas de cooperación, e consideraron “inadmisible” que “nun momento no que o paro é un dos problemas máis graves, o Goberno galego reduza sensiblemente as achegas destes programas, que son os que permiten aos concellos contratar a persoas desempregadas”.  García explicou que a reducción orzamentaria e o retraso nestes programas implica, por exemplo, que a estas alturas do ano non se estean a contratar brigadas de limpeza de xardín, ante a imposibilidade dos concellos de asumir o gasto.

Así mesmo, denunciaron que o Goberno galego realiza o reparto de fondos dos programas de cooperación “con criterios claramente políticos e partidistas”, en lugar de distribuír o orzamento en función do número de desempregados de cada concello, tal e como establece a orde correspondente

Alfredo García subliñou tamén os problemas que afrontan os concellos para asumir servizos vinculados a Dependencia ou conciliación, tras a anulación dos correspondentes convenios, ou os comedores escolares, dados os recortes do Goberno galego neste ámbito.

Do mesmo xeito, lamentou que moitas das obras de saneamento e abastecemento cuxos procesos de adxudicación estaban xa iniciados “están agora paralizados polo Goberno do PP”.

Discriminación
Os alcaldes  denunciaron a discriminación que sofren os concellos gobernados polos socialistas, e máis concretamente os desempregados que residen nestes concellos, xa que “a media dos orzamentos asignados polo Goberno galego nos fondos de promoción de emprego do 2009  aos concellos con alcaldes socialistas foi ata cinco e seis veces máis baixo que os percibidos por concellos que contan con alcaldes do PP”.

Criticaron tamén a falla de criterios obxectivos para o reparto de fondos e distribución das obras previstas no Plan Hurbe da Xunta, e contrapuxeron este plan co Plan E do Goberno central, que repartiu 13.000 millóns de euros nestes últimos dous anos entre todos os concellos, independentemente da súa cor política.

Por elo, os alcaldes socialistas esixiron a Feijóo “que cumpra  o compromiso que adquiriu cando foi investido presidente da Xunta de tratar por igual a todos os concellos” e advertiron que realizarán “as concentracións que sexan necesarias” para conseguir un reparto de fondos entre os concellos “con criterios obxectivos”.
“Queremos dicirlle alto e claro a Feijóo que non nos vamos a quedar aquí”, explicou García en nome dos alcaldes, “xa que faremos as concentracións que sexan necesarias para conseguir que os nosos cidadáns teñan os servizos que precisan”, concluíu.

Boletín SPM´08

11/05/2010

Socialistas de Ponteceso.- Boletin Municipal

08/05/2010

Clik na imaxe para visualizalo.

O PP rexeita a iniciativa para implantar un Plan de Cooperación Local para a limpeza dos areais

06/05/2010


A portavoz de Turismo do Grupo Parlamentario Socialista, María Quintas, reclamou hoxe na Comisión 6ª do Parlamento, mediante unha Proposición Non de Lei implantar o Plan de Cooperación Local para a limpeza das praias galegas que garanta os criterios de sanidade, limpeza e seguridade.A deputada denuncia que os concellos do litoral, nin os do interior que posúen areas fluviais, non reciben ningunha axuda por parte da Xunta, para poñer en marcha a contratación de persoal para a limpeza das praias e dos areais. A iniciativa foi rechazada polo PP.

A portavoz de Turismo dixo que Galicia chega tarde ao Xacobeo pola xestión do Goberno de Feijoo. Denuncia que hai unha mala planificación, malas previsións, tamén hai parálises e malos resultados de afluencias de visitantes. Quintas asegura que Galicia “chega tarde” no que se refire ao incremento do PIB galego para o Xacobeo.

Advirte a Xunta de Galicia debe impulsar a mellora das infraestructuras turísticas difundir as actividades e incentivar a creación de ofertas atractivas e promover e promocionar axeitadamente estes activos. Subliña que “é verdade que a Xunta de Galicia anuncia a través de titulares a aprobación de axudas económicas para os concellos, pero non é menos certo que os concellos denuncian pola súa banda que están afogados e que os investimentos non chegan”.

A portavoz de Turismo di que é preciso ofertar aos turistas fidelizados ou os novos que cheguen a Galicia as praias do litoral e praias fluviais nas mellores condicións. Quintas afirma que a Xunta de Galicia esta afogando aos concellos galegos, e replica que a día 5 de maio o Plan de Cooperación non esta posto en marcha. Neste punto tamén lembrou as condicións climatolóxicas adversas que tiveron lugar nos últimos meses, unha circunstancia que agrava a situación dos nosos areais. Sinala que “ unha vez mais o Goberno de Feijoo mirou para outro lado e así os concellos afectados non puideron recibir axudas por parte da Administración”.

Por último reclamoulle ao Goberno de Feijoo que se poña a traballar. “Déixese de vaguidades, de explicacións nada rigorosas e adiquense a traballar a xestionar e a poñer en valor a Galicia”, espetou a deputada.

E conclúe “ non entendemos a desconexión e a inoperancia das consellerías responsables en materia de Turismo, Emprego e Medio Ambiente que propician escenarios de desmentidos e desautorizacións dos seus máximos responsables”.

Socialistas de A Coruña.- Construíndo unha gran Coruña

28/04/2010

Conferencia Política do PSdeG

27/04/2010

Socialistas de Camariñas.- Iniciativa “24 horas en Galego”

27/04/2010

Pola defensa da nosa lingua, a Agrupación Socialista de Camariñas convídate a participar na iniciativa:

24 HORAS EN GALEGO

Dende as 00.00 ate as 24.00 horas do luns 17 de maio, na sede da Agrupación Socialista de Camariñas do PSdeG-PSOE, militantes, simpatizantes e cidadáns anónimos, lerán textos en galego como acto de reivindicación e de orgullo por expresármonos, de sentir e pensar na lingua propia de Galicia, herdada dos nosos pais e avós.

Os socialistas de Camariñas convidamos a tódolos que sintan e amen a lingua do noso pobo a unirse a nós, compartindo un compromiso e un soño: que ninguén borre do futuro de Galicia a nosa mais prezada herdanza.

A porta da Casa do Pobo estará aberta para todos e todas. A única condición é que leas un texto, de calquera autor, de calquera época, galego ou non, en verso ou en prosa, con soltura ou trabucándose, as catro da mañá ou as seis da tarde, con sono ou despertos… pero sempre EN GALEGO !!!

Socialistas de Oroso.- Boletín Informativo

26/04/2010

A Agrupación Socialista de Oroso editan un boletín informativo sobre os avances acadados dende a agrupación.

Este boletín pretende ser un medio máis de comunicación entre os veciños e veciñas de Oroso e a Agrupación Socialista, co fin de darvos a coñecer os traballos que se están a desenvolver dende a Agrupación para que o Concello de Oroso siga medrando e prosperando.

Os boletíns pódense consultar e descargar dende a páxina web (sección descargas), ou Clickando na imaxe.

Socialistas de Fene.- Visita do Secretario Xeral, Pachi Vazquez.

22/04/2010

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, referiuse hoxe aos problemas que están a ter os concellos galegos para facer cumprir a norma de limpeza dos montes para a prevención de lumes, e denunciou  a “irresponsabilidade” do Goberno galego ao recortar os orzamentos nesta materia  e a súa falla de apoio aos concellos.
Vázquez apuntou que os concellos “non dan abasto porque o Goberno galego lles recortou o financiamento para limpeza de fincas” e considerou  unha “auténtica insensatez” do Goberno galego a redución do financiamento destinado a prevención de lumes en 4 millóns o pasado ano e en 8 millóns nos orzamentos de 2010, así como a retirada das brigadas de limpeza preventivas.

“O colmo desta situación é botarlle a culpa aos concellos dos lumes que se produzan en Galicia”, apuntou Vázquez, polo que esixiu ao Goberno galego “que asuma as súas responsabilidades e se implique no cofinanciamento das medidas de prevención contra os lumes nos concellos” porque no caso contrario, advertiu, “asistiremos máis pronto que tarde a unha desgracia”.

Neste senso, subliñou que na actualidade Galicia “está no ciclo de máximo risco de lumes” o que supón que en caso dun verán caluroso e con poucas chuvias  “Galicia será unha caldeira”.

Advertiu do risco que supoñen os lumes non só nos montes, senón nos núcleos rurais, xa que  moitos deles están alonxados, con dificultade de accesos ou soamente viven dúas ou tres persoas. Por elo, demandou ao Goberno de Feijóo que manteña  “o compromiso de limpeza das franxas de 200 metros de prevención de perímetros de núcleos rurais do anterior Executivo” xa que “os concellos non poden asumilo e ten que ser a Xunta a  que se implique”.

“O Goberno galego non pode botarlle isto enriba do lombo aos concellos”, apuntou Vázquez, e engadiu que “si esa é a austeridade de Feijóo, non a queremos”.

Obras Hidráulicas
Vázquez fixo estas declaracións no Concello de Fene, no que ofreceu hoxe unha rolda de prensa tras visitar varias obras hidráulicas pendentes de execución neste municipio. O secretario xeral do PSdeG, acompañado polo alcalde, Iván Puentes,  reivindicou o dereito de Fene “a non ser marxinado polo PP por ter un alcalde socialista” e lamentou que obras “básicas para os veciños” como son o saneamento e abastecemento, que estaban a piques de licitarse co anterior goberno “quedasen paralizadas coa a chegada do PP á Xunta”.
“O PP non ten dereito a deixar aos veciños deste concello sen os servizos básicos”, sinalou Vázquez, “e menos aínda cando ven de anunciar que vai subir o canon da auga nun 125 por cen a todos os galegos”.

Vázquez criticou así o anuncio realizado onte polo conselleiro de Medio Ambiente da próxima aprobación da nova Lei de Augas, que suporá incrementar o canon do saneamento de 3,6 euros a 7 euros. Denunciou ademais que o Goberno galego aplique esta suba ao marxe dos concellos, aos que utiliza “de meros recadadores”.

Por  elo, Vázquez anunciou que os socialistas galegos presentarán iniciativas no Parlamento para esixir o remate das obras previstas e solicitará a comparecencia da directora xeral de Augas de Galicia para que explique os motivos da paralización destas obras.

“Non vale a escusa de que non hai diñeiro, xa que os proxectos estaban presupuestados”, apuntou Vázquez, que denunciou que “en realidade o PP está desviando o diñeiro destinado aos concellos socialistas a outras entidades afines por mero interese partidista”.
Expresou así o compromiso dos socialistas galegos “de defender aos veciños de Fene dos ataques do PP” e de “evitar que pisoteen os seus dereitos”. Do mesmo xeito, avanzou que o PSdeG pedirá ao Ministerio de Medio Ambiente a posta en marcha dun plan específico para minorar o risco de inundacións na desembocadura do río Cádavo, no que o anterior goberno tiña previsto unha actuación.

Conferencia Política do PSdeG-PSOE

21/04/2010

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, presentou hoxe a Conferencia Política dos socialistas galegos, que se desenvolverá en Santiago os vindeiros 12 e 13 de xuño. Un acto no que terán “protagonismo absoluto” as ideas e o partido, e que ten por obxectivo “reafirmar o compromiso dos socialistas galegos como proxecto propio e diferenciado, e posicionar ao PSdeG como unha alternativa moderna e aberta ás inquedanzas dos galegos e galegas”.

Pablo García lembrou que un equipo de 163  persoas, entre membros do partido e colaboradores, está a traballar dende hai meses na elaboración do texto base, que se presentará o vindeiro 4 de maio, baixo a coordenación de Francisco Caamaño. Este equipo distribúese en oito grupos de traballo que abordan temas como o da identidade, economía, servizos, sanidade, territorio, infraestruturas, medio ambiente, municipalismo e o propio partido.

García avanzou que un dos obxectivos do PSdeG é o de contar, ademais de coa participación activa dos militantes, con colectivos representativos da sociedade galega e cos cidadáns, que poderán aportar as súas suxerencias e propostas.

Así, o secretario de Organización sinalou que dende hoxe e ata a celebración da Conferencia Política, o PSdeG terá “as portas abertas aos cidadáns que teñan algo que aportar”. Para elo, ademais do teléfono ou o correo electrónico, o PSdeG conta cunha nova web: www.conferenciapolitica.com,  ademais da presencia nas redes sociais.

Ademais das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, o PSdeG realizará actos específicos en todas as comarcas galegas, a través de reunións con agrupacións locais, colectivos e agrupacións sociais, a fin de escoitar as súas suxerencias e demandas.

Participantes

A Conferencia Política do PSdeG, que se desenvolverá os días 12 e 13 de xuño, contará coa participación de máis de 2.000 persoas, segundo explicou Pablo García, entre as que se incluirán 1.400 representantes das agrupacións locais, máis de 50 representantes dos colectivos e asociacións e entre 300 e 400 invitados.

Así mesmo, abrírase a posibilidade á intervención dalgúns destes participantes a través de vídeo conferencia.

García subliñou que a Conferencia Política do PSdeG forma parte do compromiso adquirido polos socialistas galegos fai un ano no Congreso Extraordinario no que foi elexido o novo secretario xeral, Pachi Vázquez, e que incluía ademais a configuración de novas estruturas provinciais para mellorar a proximidade, así como a creación da Escola de Formación.

Con estes obxectivos cumpridos, os socialistas galegos conmemorarán este primeiro ano de traballo e da elección de Pachi Vázquez como secretario xeral nun acto que terá lugar o vindeiro sábado na aula cultural de Caixanova en Pontevedra.

Socialistas de Santiago.- Entrevista ao Alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en CorreoTV

12/04/2010

Fonte: CorreoTV

Socialistas de Vilagarcia.- O secretario xeral do PSOE galego mantivo onte un encontro con afiliados e simpatizantes

09/04/2010

O secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, Pachi, mantivo na tarde de onte un encontro con afiliados e simpatizantes do PSdeG- PSOE na bisbarra arousana, reunión que se celebrou na sede que este partido posúe en Vilagarcía.

A presenza de Pachi Vázquez na capital arousana respondía a un dobre obxectivo. Por un lado, expoñer directamente a militantes e simpatizantes as liñas mestras da actuación dos socialistas galegos dende as pasadas eleccións autonómicas, así como as claves sobre a base das cales o PSdeG baseará a súa política nos próximos meses. Por outro, analizar e debater directamente cos presentes sobre diferentes cuestións da actualidade política comarcal, galega e española, na liña de diálogo impulsada pola organización socialistas para tecer propostas e iniciativas.

No acto celebrado onte na sede socialista vilagarciana estiveronpresentes coñecidos rostros do socialismo arousana, bisbarra na que o PSOE ostenta alcaldías en concellos como o de Vilagarcía, ou Grove e A Illa (este último con maioría absoluta). O secretario xeral dos socialistas galegos asistiu á capital arousana no marco dos encontros directos que está a manter nas últimas semanas con agrupacións do PSdeGPSOE das diferentes bisbarras de Galicia, apostando así por manter unha interlocución e debate directo coa afiliación socialista e cos simpatizantes da organización sobre diferentes cuestións.

Fonte: Diario de Arousa

Socialistas de Ferrol.- Solicitan que la Xunta desbloquee los centros de día de Canido

08/04/2010

El PSdeG-PSOE ha presentado seis iniciativas parlamentarias en la Cámara Autonómica en las que solicita que la Xunta desbloquee diversas infraestructuras de tipo social pendientes de ejecución en la comarca. Entre ellas, figuran los centros de día y sociocomunitario del barrio ferrolano de Canido, comprometidos por el anterior gobierno autonómico.

Así lo ha explicado esta mañana, en rueda de prensa, la parlamentaria Beatriz Sestayo, quien ha acusado al Ejecutivo de Feijoo de ejercer «un boicot sin precedentes» sobre políticas sociales. En esta línea, Sestayo ha llamado la atención sobre otras infraestructuras pendientes, como las viviendas en régimen de alquiler para jóvenes y mayores en Telleiras.

El coordinador comarcal de la formación, Ángel Mato, ha mostrado su «preocupación» por la paralización de los centros proyectados para Canido, que inciden en una superficie de 1.800 metros cuadrados y que suponen una inversión de 1.148.000 euros.

Mato ha dicho que, pese a que «a Xunta anterior deixou rematado o proxecto de execución», en la actualidad lo mantiene «parado», en lo que, a su juicio, es una «clara diferenza entre a esquerda e a dereita».
Por otra parte, Beatriz Sestayo se ha referido a la visita que el grupo socialista en el Parlamento de Galicia ha realizado hoy a Narón, para conocer las demandas del entorno educativo del municipio. Ha dicho que la comunidad educativa naronesa reclama mejoras en cuanto a la enseñanza en gallego o la entrega de libros de texto, ahora desprovista del anterior régimen de gratuidad. Los colegios Virxe do Mar y Ponte de Xuvia serán objeto de sendas iniciativas parlamentarias de modo concreto.

En el primer caso, se reclamará la ejecución de mejoras en aspectos como pintado, servicios o accesos y, en el de Ponte de Xuvia, la ejecución de la partida de 100.000 euros comprometida por la anterior Xunta para su ampliación.

Fonte: La Voz de Galicia

Socialistas de Lalín.- DENUNCIAN QUE ROMÁN RODRÍGUEZ NON TEN CREDIBILIDADE PARA FALAR DE URBANISMO E MOITO MENOS DE SANIDADE

08/04/2010

-Parece que no PP non lembran que se foron facer unha foto nos terreos do Ambulatorio que foron os que lle ofertaron a Sanidade.
-Os socialistas móstranse preocupados pola irregular política laboral do Concello

07/04/2010.-O voceiro dos socialistas lalinenses sinalou “que o colmo do que podía suceder é que Román Rodríguez fale agora de planificación sanitaria ou urbanística despois da desfeita do Parking Europa”. Aller lémbralle ao edil do goberno de Crespo que “se entere ben pois os terreos do Alto de Vales xa estaban contemplados como de uso sanitario antes de que él chegara ao Concello, polo que non é de recibo que se colgue medallas”.

Dende o PSdeG-PSOE tamén se lembra a “desfachatez de Crespo e Román Rodríguez que se fotografiaron nos terreos posteriores ao Ambulatorio que foron os que ofreceron á anterior Consellería de Sanidade en xaneiro do ano pasado, están cazados gráfica e documentalmente” sinalaron os socialistas que tamén lembran “que lle seguimos dando á benvida ao PP ás nosas posicións pero lamentamos a falta de colaboración institucional e os retrasos provocados por non recoñecer que os socialistas tiñamos razón”.

González Aller sinalou que “polo menos antes había un documento craro que era o Plan Funcional do CHUS que explicitaba como ía ser o Centro e tamén un anteproxecto no que se detallaban dende as especialidades ata o número de aseos que se precisaban para o Centro, nós entregámoslle ese documento ao grupo de goberno e os medios tamén o coñecen”. Finalmente o concelleiro socialista sinalou “que tamén consideramos un grande avance que estea nos presupostos e felicitamos no seu día a Feijóo polo anuncio en detrimento do Hospital Comarcal que defendía o alcalde, porque só defendemos o que é mellor para Lalín, pero levan xa máis dun ano na Xunta e as responsabilidades hoxendía son claras”.

Política laboral irregular

Por outra banda os socialistas lamentan a política rastreira do PP “que entra a discutir os temas que lle parece pero lisca daqueles nos que comete reiteradas irregularidades”. Dende o PSdeG-PSOE de Lalín denuncian que “non aclararon nada aínda do despido improcedente dunha traballadora do Concello de Lalín a quen tiveron que indemnizar con cartos de todos”

Os socialistas sinalan que “é unha vergoña que quen ten que dar exemplo coa política laboral como no caso do Concello remate destacándose como un cometedor de abusos con sentencias firmes que dictaminan a súa irregular política laboral que pagamos todos os lalinenses”. Afirman “que non é este o único caso e ademais todo o mundo sabe que en Lalín os problemas laborais do Concello non están só en como se bota a xente, senón tamén en como entra a traballar nel”

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.