Saltar ao contido

Socialistas de O Porriño.- O PSOE e comerciantes do mercadillo esixen a regulacion da venta ambulante

27/05/2010

O Grupo Municipal socialista, acompañado polo presidente da Asociación de Comerciantes Marroquis de Pontevedra, Mustapha Abdelaoiu, esixiron na maña de hoxe a urxente regulación da venda ambulante ante as situación de desgoberno do mercadillo

O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro compareceu hoxe en roda de prensa acompañado polo Presidente da Asociación de Comerciantes marroquís en Galicia, para valorar a situacion do mercadillo de venda ambulante do Porriño e para presentar a proposta de regulamento de venda ambulante que o PSOE presentara o vindeiro luns, no transcurso do pleno ordinario que celebrara a Corporación.

O Voceiro socialista afirmou que a situación do mercadillo e insostible pola falta de regulacion, e lembrou que o Decreto de venda ambulante da Xunta de Galicia, obriga os concellos a regular a venda ambulante. Vaqueiro fixo un repaso da situación do mercadillo dende que sendo concelleiro de comercio, impulsou un regulamento que foi aprobado inicialmente polo Pleno por unanimidade, no 2005, pero que foi incomprensiblemente rexeitado polos partidos políticos da Corporación na súa aprobación definitiva, sen que ningún partido a pesar das chamadas do PSOE apelando a importancia do asunto, quixese negociar o regulamento.

Vaqueiro afirmou que a proposta do PSOE se presentara por responsabilidade e cun obxectivo construtivo, regular a venda ambulante, aportando a súa proposta de regulamento como documento para negociar o novo regulamento. “Queremos licencias persoais e intransferibles outorgadas dentro da lei e no réxime autónomo que marca a Xunta, e non a dedo”

Dende o PSOE, afirmaron que esixen a Nelson Santos, o igual que fixeron co anterior goberno, que non permitan e toleren as situacións de desigualdade e inxustizas que se están a dar no mercadillo e asuma a sua responsabilidade, pois se trata dunha competencia municipal. Vaqueiro foi taxante: ” Santos debe regular o mercadillo ou explicar por que non quere facelo, senón será cómplice desta situación única en Galicia”.

O PSOE afirmou que entregara copia da sua proposta de regulamento a Asociación de Comerciantes do Porriño para recabar a súa opinión. Vaqueiro rematou a súa intervención apelando a responsabilidade da Corporación para evitar que sigan producíndose situacións de marxinación e inxustizas. “O concello esta para garantizar a igualdade e a legalidade, non para facerse o sueco e mirar para outro lado”.

Pola súa parte, Mustapha Abdelaoui foi moi duro co Concello afirmando que leva dende o ano 1988 no mercadillo e que na actualidade, xa non pode vender no mesmo porque foron marxinados, a pesar de ter todo en regla, ser autónomos e ter antigüidade. Mustapha afirmou que leva meses intentando falar co novo concelleiro de comercio sen recibir resposta. “Se o concelleiro non manda, se o alcalde non manda no mercadillo, quen mada aqui e por que permite isto”, afirmou o Abdelaoiu.

A roda de prensa, a que ademais asistiron moitos comerciantes do mercadillo, foi testigo polas intervencións de varios comerciantes, do desbaraxuste existente no mercadillo, e da necesidade de regulalo de xeito urxente. “Levamos catro meses sen poder vender no Porriño, afirmaba Fátima, outra vendedora. Catro meses nos que veño dende Pontevedra a falar co concelleiro e non me reciben. ¿Quen manda no mercadillo? Eu teño todo en regla.

Aínda sen comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.